FP básica
FP BÁSICA
A
formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación
profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos
organizados en módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación
profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos
académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil
profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa
de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
- Que título se obtén?
- Cal é a validez dos títulos?
- Cales son as vías de obtención do título profesional básico?
- Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?
- Que hai que facer para matricularse?
- Cal é o período de admisión na FP Básica?
- Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Adicionalmente, segundo o Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, os alumnos que obteñan un título de formación profesional básica poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da educación secundaria obrigatoria e adquiriron as competencias correspondentes.
O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.
Éste título permite o acceso a calquera
ciclo formativo de grao medio. En caso de concorrencia competitiva, que
existan máis solicitudes de matrícula que prazas, cada título
profesional básico permite a aplicación de criterios de preferencia para
a admisión a certos ciclos de grao medio.
Os alumnos e alumnas que finalicen
os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a
certificación académica dos módulos profesionais superados que terá
efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias
profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de
Cualificacións e Formación Profesional.
O título profesional básico ten os
mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo
funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
Cales son as vías de obtención do título profesional básico?- Superar un ciclo de formación profesional básica
- Superar a proba para a obtención directa do título profesional básico (maiores de 18 anos)
- Acreditar todas as unidades de competencia do título profesional básico (maiores de 22 anos), a través de:
- Certificados de profesionalidade de nivel 1
- Procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais
Cales son os requisitos para acceder á FP Básica? - Procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
- Ser proposto/a polo equipo docente
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
- Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén
poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no
ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria
obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Presentar unha única solicitude de
admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor
de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da
patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
A solicitude presentarase no centro
educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do
ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no
centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
- Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) para o curso 2018-2019:
Comentarios
Publicar un comentario